GDI é unha empresa formada por profesionais do mundo da consultoría, as telecomunicacións e a xestión financeira e empresarial, especializada en solucións de comunicacións dixitais unificadas.

Ao longo dos anos, GDI ten participado no desenvolvemento de solucións de videoconferencia, telepresencia e mobilidade que permiten a empresas e institucións galegas dispor de novedosas solucións para mellorar a súa competitividade, reducindo costes, mellorando a súa internacionalización e abrindo novas vías de negocio sen necesidade de realizar grandes inversións. Na actualidade GDI é partner technical Certified de Lifesize.

Entre as súas actividades sociais destaca a pertenza como socio fundador ao Clube Financeiro de Santiago (CFS).

 

Socios fundadores:

 

• Presidente: Emilio Santos Vilariño

Perito, Profesor Mercantil e Licenciado en Económicas (Rama Empresa) pola Universidade de Barcelona, Diplomado en Dirección Económica de Empresas pola Escola de Administración de Empresas de Barcelona, Programa de Alta Dirección de Empresas do IESE, Censor Xurado de Contas.

Traballou en Henkel Ibérica, S. A. en Barcelona entre 1970 e 1977 e no Grupo Finsa (Financiera Maderera, S. A.) dende 1980 ata 2011 coma:

–    Director Corporativo dende setembro de 2005 a maio de 2011 cando se xubilou.

–    Director de Administración e Finanzas, entre 1991 e setembro de 2005.
–    Subdirector Xeral dende 1989 a 1991.
–    Director Comercial dende novembro de 1983 ata marzo de 1989.
–    Director de Administración e Finanzas de maio de 1980 a novembro de 1983. Representou a Finsa en FEUGA (Fundación Empresa-Universidade de Galicia), na que exerceu como vicepresidente dende xullo de 2008 ata outubro de 2011.

Perito, Profesor Mercantil y Licenciado en Económicas (Rama Empresa) por la Universidad de Barcelona, Diplomado en Dirección Económica de Empresas por la Escuela de Administración de Empresas de Barcelona, Programa de Alta Dirección de Empresas del IESE, Censor Jurado de Cuentas.

 

•  Vicepresidente: Manuel Gens Montes

–    Estudos de Dereito en Santiago
–    Diplomado do Ceseden (1979).
–    Becado da Friedrich Naumann en Alemaña 1979-1982-1985.
–    Educational Center of Arthur Andersen Chicago 1991-1992.
–    Foundation, Business Management Chicago 1991-1992.
–    Director xeral de Comunicacións Xunta de Galicia 1987-1990.
–    Xerente director Arthur Andersen Consulting Galicia (1990-1993).
–    Dende 1993, e ata a fundación de GDI en 2008, traballa como consultor e integrador independente de solucións de videoconferencia dos principais fabricantes mundiais.
–   Lifesize Certified Sales Expert.

–   Lifesize Certified Sales Professional.

 

•  Enxeñeiro Director: Beatriz Paz Santalla

–   Enxeñería Superior de Telecomunicacións na E.T.S.I.T. de Vigo. Especialidade de Comunicacións.
–   2012. Curso de Experto en Social Media Management impartido pola Cátedra Telefónica Movistar da UPM.
–   2006-2007. Máster en Seguridade da Información impartido por IT Deusto en colaboración con Caixanova.
–   1998-1999. Máster de Xestión das Telecomunicacións. Impartido pola Escola de Organización Industrial.
Tower TBA setembro 2000 a xullo de 2002.
–   Estudo, desenvolvemento e dirección de proxectos de instalación de salas audiovisuais xestionadas mediante sistemas táctiles.
–   Lifesize Certified Sales Expert.
–   Lifesize Certified Technical Professional.