GDI desenvolveu os seus proxectos de comunicacións, deseño de salas multimedia e soporte tecnolóxico da man da principal institución financeira de Galicia. Tamén tivo unha destacada participación na implantación de solucións de videoconferencia, vídeo baixo demanda e solucións de formación online, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Co CESGA, GDI acadou durante moitos anos unha importante labor de promoción e difusión de novedosas tecnoloxías entre a comunidade empresarial de Galicia. Esto plasmouse nos acordos que conxuntamente teñen vixentes o CESGA con GDI, Vordis Technologies e Lifesize. No 2012 participamos no deseño e implantación da sala de formación Acces Grid, telepresencia Full HD/proxección LED/videocenter para o Centro de Supercomputación.

Outro aspecto reseñable da nosa actividade son os estudos de plans de implantación de solucións de videoconferencia como é o caso do realizado para o antigo Grupo Unión Fenosa, ou outros relativos á análise de aplicacións de videoconferencia con “ancho de banda discreto” para a súa aplicación en contornas rurais ou con dificultades de acceso a comunicacións con grande ancho de banda.

No sector sanitario, en 2008 GDI deseñou, en colaboración con Intersystem e o Hospital Infanta Cristina de Badajoz, o plan de acción de aplicacións de telemedicina Extremadura-Alentejo. (Personal Monitoring-videoconferencia Wimax).

GDI tamén traballou en propostas de vídeo en HD, elaborando un piloto para o Imserso para crear un novo modelo de formación orientado a mellorar as relacións telepresenciais introducindo a alta definición, con posibilidade de acceso WEB en tempo real ou diferido dos cursos, ponencias e reunións de dirección.